Un pouco menos orfas…

O noso imaxinario colectivo está repleto de personaxes femininas que reproducen estereotipos e sosteñen, coa súa forma de actuar e de situarse no mundo, a estrutura patriarcal. Mais se facemos unha busqueda polo miúdo hai personaxes diferentes que se poden converter en aliadas para avanzar na igualdade. Estas nenas e mulleres, protagonistas de filmes, novelas e series de debuxos animados son modelos alternativos a través dos que se pode percibir outra realidade na que as mulleres son protagonistas alén da súa relación cos homes, mulleres fortes, autónomas e independentes que rachan cos estereotipos de xénero.

Imagem

Pippi Långstrump (Pippi Calzaslargas)

Personaxe creado pola escritora sueca Astrid Lindgren quen o publicou, grazas a gañar un concurso liteario, en 1945. Pippi vive soa nunha enorme casa co seu cabalo de lunares, e o seu mono, posuidora dunha gran forza vive numerosas aventuras. 

Fóra de Suecia coñécese sobre todo a través da serie de televisión de 1969. No ano 2012 a editorial catalana Blackie Books lanzou unha nova e coidada edición do libro.

Imagem

Frozen

A última produción animada de Disney presenta unha adaptación libre dun conto de Hans Christian Andersen (1845) protagonizado por dúas princesas: Elsa, a herdeira ao trono de Arendelle, e a súa irmá pequena Anna, dúas mozas autónomas. Esta historia sen ser moi transgresora narra a relación de amizade. Este filme destaca por ser a historia dunhas princesas sen príncipe e que non buscan o matrimonio como final feliz.

María Castejón fixo unha interesante análise desta película na súa colaboración coa revista Píkara.

Outras personaxes femininas transgresoras da norma heteropatriarcal como Mary Poppins ou Winifred Banks -a nai sufraxista de Jane e Michael- aparecen recollidas neste artigo.

Leave a comment